bicoca_MODAHOME · @bicoca_modahome

Posted 5 days ago
6.84K followers
14.4K views
347 likes
12 comments
40 shares

Ilusións que duran 2 segundos 😂 Entran pola tenda dicindo «traémosche saúdos de Gayoso» e nós xa preparándonos para ir ao Luar este venres… 🕺📺 Pois non, eran saúdos dos amigos de Calzados Gayoso de Sarria! Moitas grazas pola aperta, pero iso só significaba unha cousa: os zapatos xa non nolos compran a nós! 👞❌😂 Polo menos o traxe foi completo! Xa sabedes: para o pé Calzados Gayoso, e para o traxe… en Betanzos vos esperamos! 🤝🎩 #galiciatiktok #humorgalego #retrancagalega #luar #gayoso